O Camiño Sostible
A idea troncal do proxecto é realizar tres xornadas de traballo e concienciación, en tres comarcas galegas, de tres camiños de Santiago distintos (PORTUGUÉS, DE INVERNO E VARIANTE ESPIRITUAL), onde interactuar, dar a coñecer e poñer en valor as riquezas da contorna natural local e potencialas dende a proxección económica de todos os sectores actuantes no devandito territorio
Estas xornadas realizaranse a través de accións concretas de impacto diverso (económico, lúdico, cultural) e formativo dirixíndose a diferentes sectores e masas sociais con presenza activa na realidade galega. (MANCOMUNIDADES, ASOCIACIÓNS, ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO, SECTOR PRIMARIO, ENTIDADES DEPORTIVAS).
Cada xornada, conlevaría o desenvolvemento de varias charlas e relatorios de profesionais dos diferentes sectores económicos galegos, buscando a xeración de conciencia en cada un dos participantes, do modo e maneira na que, dende a actividade diaria e riquezas do Camiño, todos poden ser parte activa do desenvolvemento económico e turístico de Galicia.
Realizaranse xornadas de traballo para desenvolver en cada participante a concreción de metas e obxectivos a resaltar para a realización do Xacobeo 2021, dende a súa actividade e a proxección común de metas conxuntas en cada localidade por distintos actores da economía.
Ditas charlas, alternaranse con sesións de Netwoking e análise DAFO de posición económica e turística do enclave local escollido, e mediante un interlocutor profesionalizado, buscarase a dinamización de participantes para que entre eles poidan conxugar posturas, coñecerse, desenvolver metas comúns e materializar sinerxias que deriven nun maior aproveitamento social, económico e turístico, dos beneficios do camiño como fonte de desenvolvemento.
Finalizarase o desenvolvemento do proxecto coa elaboración dun decálogo resultante de ditas postas en común e traballo das Xornadas e completarase a actividade cunha degustación gastronómica de produtos das 3 comarcas escollidas do Camiño, buscando desde a gastronomía, tamén reforzar a mensaxe e os valores de identidade, pertenza, calidade e proxección económica dos recursos galegos.